VENTURA anuncia os proxectos internacionais que participarán no seu foro de coprodución 

VENTURA anuncia os proxectos internacionais que participarán no seu foro de coprodución 

Organizada pola Asociación Cultural Enfoques, responsable do festival de cinema internacional Play-Doc, VENTURA é unha nova plataforma para cineastas e produtores de todo o mundo que centran o seu labor na realización de películas independentes cunha forte visión artística. 

VENTURA desenvólvese ao longo do ano en tres etapas diferenciadas, dedicadas á formación profesional, ao desenvolvemento de proxectos e aos encontros de industria, combinando actividades en liña con actividades presenciais. Tras celebrar con éxito as súas dúas etapas iniciais reservadas aos proxectos nacionais –unha titoría e formación profesional en liña e unha residencia intensiva de escritura– VENTURA celebrará a súa etapa final: o mercado de coprodución internacional que terá lugar en Tui (Galicia, España) do 8 ao 9 de marzo de 2023. Nel terán lugar unha serie de encontros personalizados (one to one meetings) con representantes de produtoras, distribuidoras, fondos, mercados e festivais internacionais. 

Os 12 proxectos, que participan neste foro de coprodución foron seleccionados de entre 257 candidaturas e representan a 11 países (Arxentina, Colombia, Croacia, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Italia, Portugal, Reino Unido e Serbia), son os seguintes: 

• A DAY IN THE LIFE OF JO. CHAPTER: PHAEDRA (Dirixe Jacqueline Lentzou e produce Andrea Queralt)
• AS ESTAÇÕES (Dirixe Maureen Fazendeiro e producen Luís Urbano, Valentina Novati, Beli Martínez)
• DESPUÉS DE NADA (Dirixe Carla Andrade e producen Pilar Monsell, Gonzalo E. Veloso)
• EL ALUMBRE (Dirixe Alejandro Tarraf e produce Felipe Lage)
• ELENA DIO A LUZ A UN HERMOSO NIÑO (Dirixen Chiara Marañón, Juan Soto Taborda e producen Luis Ferrón, Ricard Sales, Sandra Tabares Duque)
• LA CASA EN LA FRONTERA (Dirixe e produce Andrés Duque)
• LA CHAMBRE D’OMBRES (Dirixe Camilo Restrepo e produce Helen Olive)
• MARE’S NEST (Dirixe Ben Rivers e produce Andrea Queralt, Ben Rivers)
• MIL OURELAS (Dirixe Sebastián Uría e producen Olaia Ledo, Oliver Laxe)
• MONTAÑA OU MORTE (Dirixe Pela del Álamo e producen Pela del Álamo, Felipe Lage)
• SERENA (Dirixe Alessandro Comodin e producen Thomas Ordonneau, Tommaso Bertani)
• U SENCI ROGOVA (Dirixe Ognjen Glavonić e producen Dragana Jovović, Stefan Ivančić)
Deste xeito súmanse aos proxectos españois participantes nas dúas primeiras fases os internacionais A DAY IN THE LIFE OF JO. CHAPTER: PHAEDRA, AS ESTAÇÕES, LA CHAMBRE D’OMBRES, MARE’S NEST, SERENA y U SENCI ROGOVA.

Todos eles optarán ao premio VENTURA cun valor de 10.000€ en metálico, e a unha serie de premios en servizos a cargo de Cinemar Films, Cormorán VFX, Laboratorio Numax ou o seminario Doc’s Kingdom. Aos premios xa anunciados engádense tamén dous premios de distribución da man de Atalante, en España, e Filmgarten en Austria. Os premios serán outorgados por un xurado internacional que a organización dará a coñecer nos próximos días.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies