Autor: agapi

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) presenta ós mentores e mentoras da II Edición de AGAPI IMPULSA COPROS

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) contará con cinco profesionais de recoñecido prestixio dentro da produción executiva para a mentoría dos proxectos seleccionados na II edición do AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no financiamento de proxectos de coprodución para cinema e …

O proxecto de animación ‘Titan Tofu’ (Abano Producións) vén de ser seleccionado no Mifa do festival de Annecy

‘Titan Tofu’ é un proxecto de animación Preschool dirixido e creado por María Luquero. Contará coa produción de Abano Producións (Chelo Loureiro) e UniKo (Iván Miñambres). ‘Titan Tofu’ vén de ser seleccionado entre 268 proxectos como un dos 9 finalistas para participar no Mifa Festival de Annecy dentro do MIFA …

A Iniciativa polo galego no audiovisual chega ao Parlamento Europeo, con Xosé Lois Ledo coma representante de AGAPI

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, instou ao Parlamento europeo a que o informe sobre a aplicación da Directiva do audiovisual asegure igualdade de condicións para o galego e outras linguas nas cotas de pantalla, financiamento anticipado, dobraxe, lexendaxe, interfaces, webs e audiodescricións, tal e como reclamaba a Iniciativa Xabarín …

Participación de Xosé Lois Ledo, vicepresidente de AGAPI, no Intergrupo de Linguas do Parlamento Europeo

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, impulsa o debate sobre a pluralidade lingüística no sector audiovisual galego na vindeira sesión do Intergrupo de Linguas da Eurocámara, que se celebrará este xoves, 20 de abril en Estrasburgo. “Pese a que un dos obxectivos da Directiva Audiovisual da UE é garantir a …

Arrinca a I edición do Conecta Lab, organizado por CREA e a Deputación de Pontevedra

Primeira edición de Conecta Lab San Simón / Do 11 ao 20 de abril de 2023 Entre o 11 e o 20 de abril de 2023 terá lugar a primeira edición de Conecta Lab, un laboratorio de desenvolvemento de proxectos cinematográficos que terá lugar na illa de San Simón, promovido …

Portocabo anuncia a próxima rodaxe do filme ‘+Cuñados’

A empresa coruñesa Portocabo vén de anunciar que nas próximas semanas arrincará a rodaxe do filme ‘+Cuñados’. Logo do éxito do filme ‘Cuñados’, volve a segunda parte desta divertida comedia que ten prevista a súa gravación en Ourense. Contará co mesmo elenco principal da primeira entrega e nesta ocasión parte …

Éxito de participación na II edición do Agapi Impulsa Copros

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) vén de pechar o prazo de participación e recepción de proxectos para a II Edición do AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuito de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión. Foron un total de …

O filme galego ‘Matria’ (Matriuska Producciones) segue colleitando éxitos dende a súa estrea, superando xa o limiar dos 20.000 espectadores

Para ‘Matria’, a ópera prima do vigués Álvaro Gago, as boas noticias seguen a ser a tónica xeral. O filme producido por Matriuska Producciones, Avalon P.C, Elastica Films, Ringo Media e Felicidad La Película, AIE estreouse o venres 24 de marzo 2023 en 60 cinemas do estado, sendo o primeiro filme galego …

Portocabo producirá a miniserie ‘Garbo’ para Movistar Plus+

Movistar Plus+ e Portocabo, compañía liderada por Alfonso ‘Fosco’ Blanco e participada por Banijay Iberia, confirmaron o seu terceiro proxecto xuntos. Trátase da miniserie de ficción ‘Garbo’, a historia real de Juan Pujol, axente dobre español que foi clave para que os aliados gañasen a II Guerra Mundial. Ambas as …

Ourense acolle esta noite a preestrea galega de ‘Amigos hasta la muerte’, producida por Undodez

O Teatro Principal de Ourense acolle hoxe, martes 28 de marzo, a preestrea galega do filme ‘Amigos hasta la muerte’. O debut de Javier Veiga na dirección dunha longametraxe chega a Galicia logo do seu paso polo Festival de Málaga. A película poderá verse por primeira vez en Galicia na …