A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) vén de pechar o prazo de participación e recepción de proxectos para a II Edición do AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuito de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión.
Foron un total de 23 proxectos recibidos, dos cales 5 serán os elixidos para formar parte do programa de mentoría.
O comité de preselección, formado nesta II edición por: Amalia Mato, de Recrea Films; Jaione Camborda, de Esnatu Zinema; e X.L. Ledo Andión, de Nós Produtora Cinematográfica Galega será o encargado de analizar e anunciar os proxectos seleccionados.
Este anuncio farase público a finais deste mes de abril. Nas vindeiras semanas tamén se darán a coñecer os nomes dos mentores que formarán parte desta II edición.