Autor: agapi

Chega a Galicia “Nación”, a última película de Margarita Ledo

Nós, Produtora Cinematográfica Galega acaba de estrear no Festival de Cinema Europeo de Sevilla a última película de Margarita Ledo, “Nación”, unha longametraxe de non ficción que retrata a loita obreira da mulleres, e faio a través da historia dun grupo traballadoras da fábrica de cerámica “A Pontesa”. En palabras …

“A illa das mentiras”, en sección oficial paralela aos “Óscar chinos”

A película española “A illa das mentiras” segue cultivando éxitos en China, onde competirá na sección oficial do festival paralelo aos Golden Rooster Awards, coñecidos como os “Óscar” do xigante asiático, a galega Paula Cons. A 33ª edición deste festival, que se celebrará de maneira presencial entre os próximos 25 …

‘Ons’, dirixida por Alfonso Zarauza e producida por Maruxiña, abrirá Culturgal 2020 en Pontevedra

Un dos títulos cinematográficos máis agardados do ano abrirá a 13ª edición de Culturgal o venres 27 de novembro. “Ons”, o último filme de Alfonso Zarauza, chega a Culturgal antes de estrearse nas salas comerciais e tras o paso por dous grandes certames: o Festival de Cine Europeo de Sevilla …

O filme ‘A illa das mentiras’, producido por Agallas films e dirixido por Paula Cons, participará no Festival de Óperas Primas de Almería

A ópera prima “A illa das mentiras”, de Paula Cons, foi seleccionada para participar en FICAL, Festival Internacional de Cinema de Almería, que se celebrará entre o 14 e o 21 de novembro. En total, oito títulos (de 83 presentados) competirán no certame nacional Ópera Prima, considerado a antesala dos …

Cósmica Producións: “Hai unha falta grande de historias de mulleres”

A nova empresa membro de Agapi, Cósmica Producións, está formada pola directora Sonia Méndez Alonso e a produtora Nati Juncal Portas. A ambas úneas unha amizade de moitos anos xa, pero foi en 2007 na rodaxe da primeira curtametraxe de Sonia “Perversa Lola” onde se deron conta de que compartían …

Obradoiro: Como emitir en streaming sen morrrer no intento

O Festival Carballo Interplay organiza un Obradoiro para aprender as claves para emitir contidos audiovisuais por streaming de xeito semiprofesional.  Mércores 18 novembro : 10:00 a 14:00 // 16:00 a 20:00hXoves 19 novembro:  16:00 a 20:00 Nº prazas: 12Número de horas: 12Coste do obradoiro: 25€  Máis info

‘Lúa vermella’, a nova película de Lois Patiño, chega ás salas galegas

A película Lúa vermella, dirixida por Lois Patiño e producida por Zeitun Films, chega ás salas de cine este venres, 30 de outubro. Despois de obter a Biznaga de Prata á mellor película española na sección ZonaZine da 23ª edición do Festival de Málaga e o galardón á mellor película no 25º Festival …

Culturgal celebrará a súa edición de 2020 baixo o lema ‘En caso de emerxencia, cultura’ do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Por mor de situación sanitaria provocada pola Covid-19, a Feira de 2020 prescindirá da presenza de stands no recinto feiral de Pontevedra, entendendo que non obterían rendibilidade nin económica nin de marca. A programación deste ano contemplará contidos en cinco escenarios con aforos presenciais reducidos que permitan seguir os eventos …

Estrea da curtametraxe documental ‘100 anos de Nós’, producida por Arraianos Producións

A G2 ofrece mañá venres 30, coincidindo co centenario da revista ‘Nós’, a estrea a curtametraxe documental ‘100 anos de Nós’. ‘100 anos de Nós’ é unha curtametraxe documental de Arraianos Producións que fai un percorrido contemporáneo por unha publicación que supuxo unha revolución no mundo editorial galego. A revista …