Por mor de situación sanitaria provocada pola Covid-19, a Feira de 2020 prescindirá da presenza de stands no recinto feiral de Pontevedra, entendendo que non obterían rendibilidade nin económica nin de marca.
A programación deste ano contemplará contidos en cinco escenarios con aforos presenciais reducidos que permitan seguir os eventos en vivo. A súa vez, tamén contarán con unha versión expandida en streaming.
Os cinco escenario serán: LIBRO, INFANTIL (recinto), FORO (Sala de Exposicións do Pazo), CINEMA (Salón de Actos do Pazo da Cultura) e ESCENA (música ao vivo e teatro no Auditorio do Pazo da Cultura).