A G2 ofrece mañá venres 30, coincidindo co centenario da revista ‘Nós’, a estrea a curtametraxe documental ‘100 anos de Nós’.
‘100 anos de Nós’ é unha curtametraxe documental de Arraianos Producións que fai un percorrido contemporáneo por unha publicación que supuxo unha revolución no mundo editorial galego. A revista ‘Nós’, de aberto carácter nacionalista e que pretendía normalizar o uso do galego en todos os estratos sociais, saíu á luz o 30 de outubro de 1920 en Ourense, onde se publicou ata o número 15, trasladando despois a súa sede á Coruña e a Santiago de Compostela.