‘Lúa vermella’, a nova película de Lois Patiño, chega ás salas galegas

‘Lúa vermella’, a nova película de Lois Patiño, chega ás salas galegas

A película Lúa vermella, dirixida por Lois Patiño e producida por Zeitun Films, chega ás salas de cine este venres, 30 de outubro. Despois de obter a Biznaga de Prata á mellor película española na sección ZonaZine da 23ª edición do Festival de Málaga e o galardón á mellor película no 25º Festival Cinespaña de Toulouse, poderá verse en cinemas da Coruña, EstradaCarballoFerrol, Lugo, MarínMonforteSantiago e Vigo.

Tras a súa estrea internacional na Sección Forum da Berlinale, esta produción galega producida por Zeitun Films en coprodución con Amanita Studio, segue o seu percorrido por certames de cinema. Ata agora participou no FICUNAM (México) e nos festivas de Shanghái (A China), Jeonju (Corea), Cartaxena de Indias (Colombia), IndieLisboa (Portugal), na Mostra Internazionale del Nuovo Cinema de Pesaro (Italia) e no Curtocircuíto de Santiago, entre outros.

En ‘Lúa vermella’, o cineasta galego Lois Patiño afonda no universo retratado na súa ópera prima, ‘Costa da Morte’. O filme sitúase nunha vila da costa galega onde o tempo parece deterse. Todas as persoas están paralizadas, aínda que se poden oír as súas voces, que falan de pantasmas, de bruxas e de monstros. Ao lugar chegan tres mulleres buscando o Rubio, un mariñeiro do lugar que desapareceu no mar.

No elenco destaca o propio Rubio de Camelle interpretándose a si mesmo e Ana MarraCarmen Martínez e Pilar Rodlos, que lle dan vida a un trío de meigas, figuras icónicas da cultura galega que, como a Santa Compaña, habitan o espazo onírico da película.

Segundo Patiño, que acadou o premio ao mellor director Emerxente no Festival de Locarno con ‘Costa da Morte’, ‘Lúa vermella’ “adéntrase na Galicia do mar comprendéndoa na súa dimensión física e imaxinaria, onde realidade e lenda se funden e onde o mar e a morte se entrecruzan con toda a súa carga mítica e evocadora. A historia real do Rubio de Camelle, un mergullador que rescatou máis de 40 cadáveres de náufragos perdidos no mar, vese envolta polos seres que poboan o imaxinario fantástico galego”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies