O filme ‘A illa das mentiras’, producido por Agallas films e dirixido por Paula Cons, participará no Festival de Óperas Primas de Almería

O filme ‘A illa das mentiras’, producido por Agallas films e dirixido por Paula Cons, participará no Festival de Óperas Primas de Almería

A ópera prima “A illa das mentiras”, de Paula Cons, foi seleccionada para participar en FICAL, Festival Internacional de Cinema de Almería, que se celebrará entre o 14 e o 21 de novembro. En total, oito títulos (de 83 presentados) competirán no certame nacional Ópera Prima, considerado a antesala dos Goya.

Pola calidade das propostas recibidas, a organización decidiu incluír dous títulos máis que na edición pasada. Catro deles están dirixidos por mulleres, como é o caso de “A illa das mentiras”.

“A illa das mentiras'” estreouse en Filmin o 24 de xullo e foi o título máis visto na plataforma na fin de semana da estrea e un do tres máis vistos no mes de agosto. Máis de 40.000 espectadores viron o filme a través da plataforma.

Posteriormente estreouse en 17 salas de toda Galicia, onde aínda continúa en cartel despois de cinco semanas.

“A illa das mentiras” está producida por Agallas Films e dirixida por Paula Con. Ten como protagonistas a Nerea Barros, Dario Grandinetti, Aitor Luna, Vitoria Teijeiro, Ana Oca e Milo Taboada. A película está inspirada en feitos reais, concretamente no afundimento do buque Santa Isabel fronte ás costas da illa de Sálvora (A Coruña) en 1921.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies