Culturgal, encontro anual da cultura en Galicia, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra dos 27 ao 29 de novembro.
Este ano e por mor da emerxencia sanitaria que vivimos, o evento non disporá de stands e contará con catro escenarios de aforo restrinxido e reducido. O único espazo exclusivamente presencial é o CINEMA. Un ano máis, poderán verse no marco do Culturgal as mellores producións audiovisuais feitas desde Galicia. A maiores, poderá seguirse en liña a través dunha retransmisión en vivo a programación de tres dos seus escenarios: LIBRO, ESCENA e FORO.
Agapi coordina de novo esta programación audiovisual que poderá disfrutarse no Salón de Actos do Pazo da Cultura, será preciso reservar as entradas (de balde) por internet e con antelación. Apelamos á corresponsabilidade para que en caso de non poder asistir se notifique esta baixa para deixar libre o sitio.
VENRES 27 DE NOVEMBRO 2020
19h- 21h: ‘ONS’. Longametraxe de ficción producida por Maruxiña Filmes e dirixida por Alfonso Zarauza. Presentación e coloquio por parte do equipo do filme. Coa actuación en vivo do grupo ‘Chicharrón’.
SÁBADO 28 DE NOVEMBRO 2020
12h-14h: ‘DOROTHÈ NA VILA’. Documental. Presentan: Olaia Tubio e Alejandro Gándara, creadores do filme e Rubén Gasalla, director de fotografía.
16h- 18h: ‘ARIMA’. Longametraxe de ficción producido por Esnatu Zinema e dirixido por Jaione Camborda. Presenta: Jaione Camborda, directora do filme.
19h-21h: ‘A ILLA DAS MENTIRAS’. Longametraxe de ficción producido por Agallas Films e dirixido por Paula Cons. Presenta: Paula Cons, directora do filme.
DOMINGO 29 DE NOVEMBRO 2020
16.00h-18.00h: ‘LONGA NOITE’. Longametraxe de ficción dirixida por Eloy Enciso.
18.30h-20.30h: ‘A MEDIA VOZ’. Documental producido por Matriuska Producciones e dirixido por Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández. Presenta: Daniel Froiz, produtor do filme.
A reserva das entradas poderá facerse na web do Culturgal.