Categoría: Destacadas Actualidade

‘Malencolía’, a nova película de Alfonso Zarauza, chega aos cinemas o 25 de marzo

A nova longametraxe de Alfonso Zaruza, Malencolía, estréase o 25 de marzo en cinemas de toda Galicia. Protagonizada por Melania Cruz, Xúlio Abonjo e Iolanda Muíños, Malencolía mestura o cinema de terror, a comedia e o desacougo vital para contar a historia dunha parella que regresa ao rural galego tras …

A TVG estrea esta noite ‘A illa das mentiras’ na conmemoración do 8-M

Arredor do 8-M, Día Internacional da Muller, a Televisión de Galicia ofrece contidos especiais, ademais da cobertura informativa dos actos conmemorativos. O mesmo martes 8 de marzo, a TVG estreará ‘A illa das mentiras’, película dirixida por Paula Cons e unha homenaxe ás tres mulleres que se converteron en heroínas …

O novo filme de Alfonso Zarauza, ‘Malencolía’, chega ás salas o 1 de abril

O novo filme de Alfonso Zarauza, ‘Malecolía’ chega á carteleira o 1 de abril. O filme galego foi rodado no Carballiño é a sexta película de Alfonso Zarauza. Está producida por Maruxiña Film Company e conta coa participación de Televisión de Galicia, coa subvención de AGADIC e a colaboración da Deputación de Ourense, ademáis …

‘Rompente’ de Eloy Domínguez Serén estrearase no Festival de Málaga

‘Rompente’, curtametraxe dirixida polo director galego Eloy Domínguez Serén e producida pola produtora coruñesa Zeitun Films, estrearase no 25 Festival de Málaga. O director galego Eloy Domínguez Serén presentará a súa curtametraxe de ficción ‘Rompente’ na sección oficial da 25ª edición do Festival de Málaga que se celebrará do 18 …

Numerosas asociacións do sector cultural galego piden cambiar o nome do Teatro Colón a Teatro María Casares

Co gaio do centenario do nacemento da actriz María Casares, asociacións e colectivos da cultura galega únense para solicitar o cambio de nome do Teatro Colón da cidade da Coruña por Teatro María Casares. Esta iniciativa, provida pola Plataforma de Traballadoras e Traballadores do Sector Cultural #UnimonosOuAfundimos, está apoiada por …

A coprodución, unha maneira de chegar máis lonxe

A coprodución internacional cinematográfica é case hoxe en día a norma. Falamos con varios produtores independentes galegos e todos coinciden en que as vantaxes desta nova forma de producir son moitas, aínda que é imprescindible ter unha boa comunicación entre equipos, algo que non sempre é fácil.  Se tivésemos que …

Agapi lanza o documental ‘Elas, produtoras executivas’

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) vén de realizar unha peza documental que leva por título ‘Elas, produtoras executivas’, acción impulsada ao abeiro dos Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022. Trátase dunha peza audiovisual destinada a poñer en valor o traballo invisible das mulleres na produción e …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies