Autor: agapi

Undodez arrinca a produción de ‘Bibopalula’, nova serie de animación en galego

Undodez acaba de poñer en marcha o proceso de produción do seu novo proxecto: ‘Bibopalula’, unha serie de animación realizada en galego e dirixida a espectadores primerizos. Os capítulos virarán ao redor de catro paxaros que teñen unha banda de música e contarán moitas historias relacionadas cos ciclos da natureza. …

VENTURA presenta aos expertos do seu programa de formación profesional

O prazo de inscrición para os proxectos internacionais interesados en participar na plataforma de formación, desenvolvemento e coprodución amplíase ata o 3 de decembro Un amplo grupo de destacados expertos e profesionais do cinema no ámbito internacional, participará na primeira etapa de VENTURA, consistente nun programa de formación profesional destinado …

17ª edición do “I+P, Ideas para Producir”

O Clúster Galego do Audiovisual celebrará o vindeiro 1 de decembro na Coruña a 17ª edición do “I+P, Ideas para Producir”. A xornada de presentación de proxectos audiovisuais e encontros one-to-one contará coa asistencia de executivos de cine e televisión das cadeas e plataformas RTVE, Mediaset España, Atresmedia, Movistar Plus+, …

Xornada Informativa sobre o Convenio colectivo do Audiovisual: Aspectos legais

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) organiza xunto coa Associació d’Actors i Actrius, Directores i Directors Professional de Catalunya, unha sesión informativa sobre o Convenio colectivo do Audiovisual. Martes, 28 de novembro ⏰ de 16h a 18h ? na sede de SGAE, Santiago de Compostela Rúa das …

Unha escolma do mellor cinema galego poderá verse no Culturgal da man de AGAPI

Culturgal, encontro anual da cultura en Galicia, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra dos días 1 ao 3 de decembro. Un ano máis, poderán verse no marco do Culturgal as mellores producións audiovisuais feitas desde Galicia. AGAPI coordina de novo esta programación audiovisual que poderá disfrutarse no Salón de Actos …

Comunicado das asociacións do sector audiovisual galego do 14 de novembro de 2023

A Coruña, 14 de novembro de 2023 | Os días 9 e 10 de novembro de 2023, no marco do I Foro da Industria Galega do Audiovisual – FIGA celebrada na Cidade das TIC da Coruña, tivo lugar unha xuntanza na que participamos representantes das asociacións do sector audiovisual galego: …

Tareixa Navaza recolle o II Premio de Honra Dolores Ben nun emotivo acto celebrado en Cinemar

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) entregou onte, martes 14 de novembro de 2023, o II Premio de Honra Dolores Ben á xornalista Tareixa Navaza. A entrega do galardón tivo lugar en Cinemar Films, estudo cinematográfico de son fundado por Dolores Ben no ano 2006, emprazado no polígono de Novo …

 Tareixa Navaza distinguida co II PREMIO DE HONRA DOLORES BEN

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) acordou en 2021 crear o Premio de Honra Dolores Ben para manter viva a súa memoria e recoñecer ás persoas e institucións que encarnan os valores de loita e defensa do ben común que ela mesma representaba. Dolores Ben foi presidenta da Asociación Galega de Produtoras …

‘O Corno’ de Jaione Camborda (Esnatu Zinema e Miramemira) supera a franxa das 50.000 espectadoras!

O filme ‘O Corno’ de Jaione Camborda (Esnatu Zinema e Miramemira), que ven de acadar a Cuncha de Ouro no festival de San Sebastián, xa superou a franxa das 50.000 espectadoras en salas de cinema dende a súa estrea oficial o pasado 11 de outubro. Jaione Camborda fixo historia por …