O Clúster Galego do Audiovisual celebrará o vindeiro 1 de decembro na Coruña a 17ª edición do “I+P, Ideas para Producir”.
A xornada de presentación de proxectos audiovisuais e encontros one-to-one contará coa asistencia de executivos de cine e televisión das cadeas e plataformas RTVE, Mediaset España, Atresmedia, Movistar Plus+, Amazon Prime Video, Filmin, CRTVG, TV3, EITB, Canal Sur, Aragón TV, así como de distribuidoras e produtoras como Warner Bros. ITVP España, Filmax, A Contracorriente Films, DeAPlaneta ou Fonte Films, entre outras.