Unha escolma do mellor cinema galego poderá verse no Culturgal da man de AGAPI

Unha escolma do mellor cinema galego poderá verse no Culturgal da man de AGAPI

Culturgal, encontro anual da cultura en Galicia, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra dos días 1 ao 3 de decembro. Un ano máis, poderán verse no marco do Culturgal as mellores producións audiovisuais feitas desde Galicia.

AGAPI coordina de novo esta programación audiovisual que poderá disfrutarse no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra de balde coa entrada da Feira e ata completar aforo.

VENRES 1 DE DECEMBRO DE 2023

18h. ‘O Soño da Sultana’ Abano Producións (2023); Dirección: Isabel Herguera. Duración: 86 min. Premio Irizar ao cine vasco na 71ª Edición do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián. ‘The dream of the Sultana’ é un relato feminista indio escrito en 1905 por Begum Rokeya Hussein. Inés é unha directora de animación española de 30 anos que se atopa en Ahmedabad para romper co seu amante indio. Casualmente entra nunha librería onde descobre esta novela na que se narra un país imaxinario gobernado por mulleres. Fascinada pola historia e a actitude transgresora da autora, Inés decide facer unha película. Coa presenza da produtora María Barro Guntín.

SÁBADO 2 DE DECEMBRO DE 2023

19h. ‘Honeymoon’ Control Z (2023); Dirección: Enrique Otero. Duración: 90 min. Eva e Carlos son un matrimonio en destrución. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, mantenos unidos. Agora Jonás acaba de morrer nun accidente a miles de quilómetros de casa durante unha visita aos avós paternos, e a Eva e Carlos xa non os une nada. Sen recursos para traer de volta a Jonás, pero sen corazón para non facelo, tratarán de conseguir a calquera prezo o diñeiro que necesitan para recuperar o corpo do seu fillo. Coa presenza do produtor Adrián Pino.

DOMINGO 3 DE DECEMBRO DE 2023

12h. ‘O Corno’ Esnatu Zinema/Miramemira (2023); Dirección: Jaione Camborda. Duración: 103 min. Gañadora da Cuncha de Ouro na 71ª Edición del Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que se gaña a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres no parto con especial dedicación e coidado. Tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe que lle fará loitar pola súa supervivencia. En busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha dos roteiros de contrabandistas entre Galicia e Portugal. Coa presenza de Jaione Camborda e Anna Palazón, a doula que participou na conceptualización do filme.

16h. ‘A Guerra de Miguel’ Zeitun Films (2021); Dirección: Eliane Raheb. Duración: 128 min. Gañadora do premio Teddy no Festival de Berlín. “A guerra de Miguel” propón unha extraordinaria viaxe polos traumas e vivencias de Michel Jelelaty, un home gai exiliado en España tras ser perseguido no seu país natal, o Líbano. A través dunha brillante posta en escena que oscila entre a psicanálise e o simulacro, a directora Elianne Raheb reivindica a liberdade da identidade sexual á vez que denuncia un sistema opresor e inhumano que segue vixente en moitos países do globo. Coa presenza do produtor Felipe Lage.

18.30h. ‘Matria’ Matriuska (2023); Dirección: Álvaro Gago. Duración: 99 min. Premio a mellor actriz para María Vázquez no Festival de Málaga. Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse á boia e proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrela. Pero cando Estrela está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma. Coa presenza de Álvaro Gago, María Vázquez, Francis (muller que inspira a persoaxe de Ramona) e as rapazas da conserveira.

NOVIDADE 2023: AVANCES DO CINE QUE VEN (SÁBADO 2 DE DECEMBRO ENTRE AS 16:00 E AS 19:00)

16h. ‘Filmei Paxaros Voando’ (Sétima)

16.30h. ‘Cine Paraíso, Leiro’ (Noveolas)

17h. ‘La Parra’ (Filmika Galaika)

17.30h ‘Da túa man para a miña’ (Miramemira)

18h ‘Aurora’ (Gaita Filmes)

18.30h ‘As Neves’ (Cósmica Producións)

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies