Cinco produtoras de Agapi con nominacións aos Goya

Cinco produtoras de Agapi con nominacións aos Goya

Son cinco as produtoras de Agapi con películas que contan con candidaturas aos Premios Goya. Trátase de Matriuska Films, Miramemira, Esnatu Zinema, Abano Producións e Undodez.

‘O soño da sultana’, filme producido por Abano Producións e dirixido por Isabel Herguera, está nominado a Mellor Película de Animación. A curtametraxe ‘To bird or not to bird’ producida por Abano Producións nominada á Mellor curtametraxe de animación.

‘Matria’,película producida por Matriuska Films conta con dúas nominacións para Álvaro Gago na categoría de Mellor Director Novel e María Vázquez como Mellor Actriz polo seu papel en ‘Matria’.

Miramemira e Esnatu Zinema, empresas produtoras de ‘O Corno’, recente película gañadora da Concha de Ouro no Festival de San Sebastián dirixida por Jaione Camborda, contan con unha nominación para Janet Novás na categoría de Mellor Actriz Revelación.

O músico coruñés Xoel López está nominado na categoría de Mellor Canción polo seu tema ‘Eco’, da película ‘Amigos hasta la muerte’, producida por Undodez.

A lista de representantes galegos nos Goya prosegue con: Curru Garabal, a Mellor Dirección de Arte, por ‘Pechar os ollos’; así como Noé Montes -xunto a Sarai Rodríguez e Óscar do Monte-, en Mellor Maquillaxe e Perruquería por ‘Valle de Sombras’ e Lorena Ares opta á Mellor Película de Animación polo seu filme ‘Hanna y los monstruos’.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies