Autor: agapi

 Tareixa Navaza distinguida co II PREMIO DE HONRA DOLORES BEN

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) acordou en 2021 crear o Premio de Honra Dolores Ben para manter viva a súa memoria e recoñecer ás persoas e institucións que encarnan os valores de loita e defensa do ben común que ela mesma representaba. Dolores Ben foi presidenta da Asociación Galega de Produtoras …

‘O Corno’ de Jaione Camborda (Esnatu Zinema e Miramemira) supera a franxa das 50.000 espectadoras!

O filme ‘O Corno’ de Jaione Camborda (Esnatu Zinema e Miramemira), que ven de acadar a Cuncha de Ouro no festival de San Sebastián, xa superou a franxa das 50.000 espectadoras en salas de cinema dende a súa estrea oficial o pasado 11 de outubro. Jaione Camborda fixo historia por …

Beli Martínez, da empresa asociada a AGAPI Filmika Galaika, premio da III Edición de Mulleres no Foco xunto a Mariana Carballal e María Vázquez

O auditorio da Sede Afundación en Pontevedra foi o escenario este venres 20 da gala da III Edición dos Premios Mulleres no Foco que a Deputación de Pontevedra promove en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) para poñer en valor o traballo das profesionais galegas do audiovisual. …

A nosa asociada Portocabo, Premio da Cultura Galega 2023 na categoría de Audiovisual

A nosa asociada Portocabo ven de ser galardoada co Premio da Cultura Galega 2023 na categoría de Audiovisual. Estes son os motivos que levaron ao xurado a outorgarlles esta distinción: “Nada en 2010 na Coruña da man do seu director, Alfonso Blanco (“Fosco”), tense consagrado como unha das principais produtoras …

AGAPI e a AGADIC organizan unhas xornadas formativas sobre ‘Produción sostible nas rodaxes’

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia e AGAPI organizan o vindeiro venres 20 de outubro de 2023 entre as 10:30 e as 14:00 unhas xornadas de formación presenciais adicadas a poñer en común diferentes estratexias de produción sostible nas rodaxes da man dalgunhas das voces mais destacadas do sector. …

Continúa o programa ‘Educa Audiovisual’, un proxecto de AGAPI e a Xunta de Galicia para o alumnado galego de Secundaria

O programa ‘Educa Audiovisual’ xa estivo presente en diversos IES da nosa xeografía, cunha excelente acollida. O catálogo dixital de Educa Audiovisual inclúe filmes, series, curtas e videogramas, a través dos que se abordan moi diferentes temáticas co fin de que poidan ser empregados como material de traballo na aula …

‘O Corno’ de Jaione Camborda (Esnatu Zinema) segue colleitando éxitos

O filme ‘O Corno’ de Jaione Camborda (Esnatu Zinema) ven de acadar a Cuncha de Ouro no festival de San Sebastián. Jaione Camborda fixo historia por partida dobre. Converteuse na primeira muller española en gañar a Cuncha de Ouro (algo que non sucedera nas 71 edicións), e é tamén a …

‘O Soño da Sultana’ (Abano Producións) álzase co premio ao Mellor Guion Vasco

A Gala do Cinema Vasco, celebrada no Teatro Vitoria Eugenia de San Sebastián, testemuñou un momento emocionante cando ‘O Soño da Sultana’ alzouse co premio ao Mellor Guion Vasco. Os laureados da noite foron Isabel Herguera e Gianmarco Serra, cuxo traballo creativo deu vida a esta cativadora película de animación. …

AGAPI organiza unhas novas xornadas formativas sobre ‘Posicionamento e Marketing no Mercado Audiovisual’

AGAPI organiza o vindeiro día 3 de outubro de 2023 entre as 10:30 e as 14:00 unhas xornadas de formación presenciais adicadas a poñer en común diferentes estratexias de posicionamento e marketing no mercado audiovisual nacional e internacional da man dalgunhas das voces mais relevantes do sector. As xornadas dividiranse en tres …

‘Slow’ (Frida Films), candidata de Lituania para os Oscar de 2023

‘Slow’, a longametraxe dirixida por Marija Kavtaradze e coproducida pola socia de AGAPI Frida Films, foi elixida como candidata de Lituania para os Oscar de 2023, segundo anunciou o Centro de Cinema de Lituania o xoves pasado. A película foi seleccionada por un comité local aprobado pola Academia de Artes …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies