Pontevedra suma unha nova proposta para a programación previa dos Premios Feroz, que se entregarán na cidade o próximo 24 de xaneiro.
Trátase do ciclo ‘Unha cuestión de perspectiva: as mulleres no audiovisual galego’, que busca poñer en valor o cinema galego dende unha ollada feminista, analizando cómo mudan os relatos e a construción de personaxes cando a autoría é feminina.
“Nós cremos firmemente que non é o mesmo unha proxección na que dirixen mulleres ou nas que as mulleres contan as súas propias historias”, subliñou Gulías, porque durante décadas o cinema “se contemplaba casi exclusivamente dende a perspectiva masculina”.
As xornadas, coordinadas por Paula Cabaleiro, terán lugar no Teatro Principal os dous próximos venres 9 e 16 de xaneiro. Incluirán a proxección do último filme de Margarita Ledo, mesas de debate e unha performance.
