AGAPI apoia un ano máis o Conecta+ 2026, espazo de mercado de CREA
O pasado venres 23 de xaneiro tivo lugar no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra o CONECTA+ 2026, espazo de mercado de CREA (Asociación de Profesionais da Direccion e a Realización) que un ano máis conta co apoio de AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes).

CONECTA+ nace para xerar un espazo de entre guionistas, profesionais da dirección e produción para construír pontes entre as ideas e o mercado, co obxectivo de fortalecer os proxectos, dotalos de viabilidade económica e promover a construción de equipos que combinen talento e capacidade de execución.

A xornada destacou pola calidade dos proxectos presentados e o debate e reflexión entre os profesionais, moitos dos cales pertencen a produtoras asociadas de AGAPI.
