Conecta + 2026

Conecta + 2026

CONECTA+ é unha ferramenta para poñer en contacto creadores/as con proxectos en fase de desenvolvemento con produtoras (tanto galegas como do resto de España) que poidan estar interesadas en desenvolver eses proxectos. Trátase dunha iniciativa de CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e da Realización, co patrocinio da Xunta de Galicia, a través de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e da Fundación SGAE, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, e o apoio de AGAG (Asociación Galega de Guionistas) e AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes).

CONECTA+ nace para xerar un espazo de contacto entre guionistas, profesionais da dirección e produción para construír pontes entre as ideas e o mercado, co obxectivo de fortalecer os proxectos, dotalos de viabilidade económica e promover a construción de equipos que combinen talento e capacidade de execución.

CONECTA+ vai dirixido a un amplo abano de profesionais do audiovisual. Por unha banda, as/os creadoras/es, directoras/es e guionistas que están a construír proxectos de cine e televisión (ficción, transmedia, documental…) e, por outra banda, as/os produtoras/es, profesionais especializados na posta en marcha de produtos audiovisuais, interesados en descubrir novos proxectos e profesionais cos que acudir conxuntamente ao mercado.

A nova edición de CONECTA+ terá lugar o venres 23 de xaneiro de 2026, a partir das 16:30 h, no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra.

O prazo para presentar proxectos está aberto ata o 8 de xaneiro ás 23:00 h. Os proxectos seleccionados serán anunciados o 20 de xaneiro.

Envía as túas preguntas a coordinacion@crea.gal.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies