AGAPI finaliza o roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ en colaboración coa Deputación da Coruña, cun gran éxito de recepción entre o alumnado

AGAPI finaliza o roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ en colaboración coa Deputación da Coruña, cun gran éxito de recepción entre o alumnado

AGAPI finaliza o roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ en colaboración coa Deputación da Coruña, cun gran éxito de recepción entre o alumnado

O roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ organizado por AGAPI Asociación Galega de Produtoras Independentes e a Deputación da Coruña, finaliza tras varios meses percorrendo os centros de ensino da provincia. Un éxito respecto á boa acollida do alumnado ás nosas produtoras asociadas.

O 13 de outubro iniciamos o roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ en colaboración coa Deputación de A Coruña no IES Narón, no municipio de Narón. A nosa produtora Olaia Ledo, de Nós Produtora Cinematográfica Galega, foi a ecargada de asistir ao centro para debate co alumnado. 

Tras pasar as semanas de exames e avaliacións do mes de novemnbro, o 2 de decembro retomamos o roteiro no IES Monte das Moas, na Coruña. A produtora Marina García, recén chegada a AGAPI coa súa produtora Sintagma Films, encabezou o coloquio o alumnado do centro.

O seguinte centro en disfrutar da experiencia do roteiro foi o IES Pontepedriña de Santiago de Compostela. O 4 de decembro a nosa productora asociada Paula Cons, de Agallas Producións, atopouse cun alumnado totalmente implicado e participativo, cunha gran interese no mundo audiovisual.

O 15 de decembro o centro escollido foi o IES Fernando Wirtz na capital provincial, no cal realizamos dúas sesións. A primeira estivo dirixida pola produtora Laura Pazienza, da nosa empresa asociada H501, conversou co alumnado de 4º da ESO sobre os seus proxectos e as infinitas posibilidades da produción audiovisual.

A segunda realizouna Coral Piñeiro, da nosa produtora asociada Sombriza, que achegou ao alumnado de 4º da ESO ao mundo audiovisual a través da súa experiencia do sector.

O 16 de decembro finalizamos o roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ en colaboración coa Deputación da Coruña no IES Castro de Uz (As Pontes) con Irene Pin, da nosa produtora asociada Aqueladas. Un final perfecto para esta experiencia tan satisfactoria traballando co alumnado.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies