O vindeiro 19 de setembro, das 10 ás 12h, terá lugar o webinar “Ferramentas de xestión dixital para promover a eficiencia no traballo en rede” organizado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) dentro do programa AGAPI IMPULSA COPROS. Esta actividade conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Diego Parajó será o encargado de impartir esta formación. Experto en Xestión Cultural e Mestrado en Responsabilidade Social Empresarial, é especialista en mediación de procesos comunitarios, innovación social e creatividade. Formado en desenvolvemento comunitario, coaching sistémico, agile project management e dirección de empresas, desenvolve a súa actividade como formador, consultor e project manager en proxectos de servicios sociais, educativos e culturais en Xeneme.
A formación impartirase vía online a través da plataforma zoom e será de balde ate completar aforo. As persoas interesadas deberán enviar un correo a agapimpulsa@agapi.gal antes do 16 de setembro indicando nome, apelidos e enderezo electrónico.
Este é o primeiro dunha serie de webinars que están destinados a promover e mellorar competencias dixitais co fin de complementar o traballo de asesoramento en aspectos innovadores con especial interés no coñecemento de novas audiencias.