‘A Casa de Papel’ abre en A Coruña a temporada de charlas-coloquio da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) 

‘A Casa de Papel’ abre en A Coruña a temporada de charlas-coloquio da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) 

A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) abre este xoves a temporada de charlas-coloquio de outono coa presenza na Coruña do director de ‘La casa de papel Álex Rodrigo e o guionista da exitosa serie Juan Salvador López, quen, baixo o título ‘A Casa de Papel: dende o papel á posta en escena’, conversarán na Fundación Luis Seoane sobre as diferentes etapas do proceso de creación dun proxecto audiovisual. O acto comezará ás 19:00 horas e a entrada é libre ata completar o aforo.

Esta será a primeira mesa redonda do programa ‘A Primeira pedra: escribir e o que veña’, un ciclo que AGAG organiza en Galicia coa colaboración de DAMA, Derechos de autor de Medios Audiovisuales. As seguintes charlas xirarán ao redor da series Toy Boy e Luimelia, e celebraranse, respectivamente, en Santiago de Compostela e Vigo.

‘A Casa de Papel: dende o papel á posta en escena” estará presentada polo presidente de AGAG, Enrique Lojo, e tentará ser un diálogo entre o director Alex Rodrigo, o guionista Juan Salvador López e o público asistente sobre unha serie que é un dos maiores fenómenos audiovisuais do presente. O seu alcance é mundial. Foi a primeira serie española en gañar un Premio Emmy Internacional e está considerada por moitos medios de comunicación como unha das mellores producións da última década.

Día: xoves 22 setembro
Lugar: Fundación Luis Seoane (Rúa San Francisco 27, A Coruña)
Hora: 19.00 horas
Entrada gratuíta

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies