Dos días 26 ata o 31 de xullo de 2022 será posible desfrutar do cinema no parque Eugenio Granell (Santiago de Compostela). Por segundo ano Agapi colabora co Concello na coordinación da programación.
O Concello de Santiago ofrecerá unha escolma de filmes tanto para público infantil como adulto de balde e ata completar aforo, este ano non fará falta reservar entrada. Haberá dous pases diarios, un ás 19h. (filme infantil) e outro ás 22h. O programa completo pode consultarse na web Cinemanoparque.
Os pases das proxeccións realizaranse no Parque Eugenio Granell en Santiago de Compostela. As coordenadas: 42.86615096741548, -8.54474767236385 UBICACIÓN
PROGRAMA:
Martes, 26 de xullo:
19h. ‘Trasto’ / 22h. ‘Cuñados’
Mércores, 27 de xullo:
19h. ‘O xinete do dragón’ / 22h. ‘A virxe roxa’
Xoves, 28 de xullo:
19h. ‘O Principiño’ / 22h. ‘Tres’
Venres, 29 de xullo:
19h. ‘Mironins’ / 22h. ‘9 Fugas’
Sábado, 30 de xullo:
19h. ‘Valentina’ / 22h. ‘O gran camiño’
Domingo, 31 de xullo:
19h. ‘Zapatos roxos e os sete trolls’ / 22h. ‘Malencolía’