A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) ven de facer público o comité de selección para o AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión.
Este comité, formado por profesionais de recoñecido prestixio dentro do ámbito a produción executiva, está composto por: Beli Martínez, de Filmika Galaika; Xavi Font, de Maruxiña FIlm Company; e Mercedes García- Nieto e Mónica Hidalgo, de M Internacional. Estas serán as persoas encargadas de seleccionar os 5 proxectos que participen nesta primeira edición.
AGAPI IMPULSA COPROS está dirixido a creadores e creadoras menores de 30 anos que presenten un proxecto orixinal de longametraxe ou serie para cine ou televisión, en galego ou en castelán.
A convocatoria para presentar proxectos estará aberta ata o 20 de xullo ás 13:59 horas.
AGAPI IMPULSA COPROS conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.