Por motivos de saúde dunha das relatoras, vémonos na obriga de adiar as datas de celebración das xornadas de ‘Comunicación para produtoras audiovisuais’ á vindeira semana.
Terán lugar o luns 18 e martes 19 na na mesma franxa horaria de 10 a 12h en formato en liña. O programa non sufrirá cambios:
LUNS 18
10-12h. Comunicación integral para produtoras audiovisuais. O manexo da web e das RRSS (twitter, facebook, IG, TikTok…). Por: Beatriz Losada, MA Agencia.
MARTES 19
10-11h. Como elaborar unha campaña de marketing. Por: Marina Belloch, MA Agencia.
11-12h. Como entender e medir o meu impacto nas RRSS. Por: Andrea Villa, nócomún.
O formato de realización destas xornadas levarase adiante a través de plataforma Zoom. Esta formación, de balde, precisará unha inscrición previa que se poderá realizar enviando un correo a prensa@agapi.gal co nome e apelidos.