‘SIRAT’ (Filmes da Ermida) nominada aos Premios Oscar. O director galego Oliver Laxe fai historia.

Este xoves 22 de xaneiro de 2026, á 14:30h, a Academia de Cine Americana anunciou a listaxe defitiniva de nominados aos Premios Oscar, entre os que se atopaba ‘SIRAT’. O filme do director galego Oliver Laxe, producido pola nosa asociada Filmes da Ermida, fai historia chegando ao final da carreira dos prestixiosos galardóns americanos.
O trance no deserto do director lucense optara ao Oscar nas categorías de Mellor Película Internacional e Mellor Son, onde competirá con grandes títulos internacionais. Como as aclamadas ‘Valor Sentimental’ (Noruega) ou ‘A voz de Hind’ (Túnez).
