AGAPI presente na Berlinale Talents 2026: Andrés Sanjurjo (Acariño Films) participante do foro de produción e o filme ‘Porto Alegre’ (Sétima) seleccionado no Talent Project Market

Baixo o título ‘CREATING CONFUSIÓN’ o Festival Internacional de Cinema e Berlín celebra o Berlinale Talents 2026. O espazo de industria, talento e encontro de produción do prestixioso certame alemá. AGAPI, Asociación Galega de Produtoras Independentes, estará un ano máis presente neste espazo a través do traballo e proxectos de varias das nosas asociadas:

Andrés Sanjurjo, da nosa produtora asociada Acariño Films, participará no foro de produción do Berlinale Talents 2026. O produtor coruñés será un dos 15 españois que estarán presentes no espazo de industria do festival para asistir ao seu programa de conferencias, obradoiros e mesas redondas baixo o lema «Creación e Confusión: Cine, caos e o poder da incomodidade».

Por outra banda, o filme en desenvolvemento ‘Porto Alegre’ dirixido polo director galego Álvaro Gago e producido pola nosa asociada Sétima, foi un dos 10 proxectos seleccionados no Talent Project Market. Onde buscará socios de producción dentro del Mercado de Coproducción da Berlinale.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies