‘Ciudad sin sueño’ (Sintagma Films) e ‘Sirat’ (Filmes da Ermida) premiadas nos Feroz 2026

‘Ciudad sin sueño’ (Sintagma Films) e ‘Sirat’ (Filmes da Ermida) premiadas nos Feroz 2026

‘Ciudad sin sueño’ (Sintagma Films) e ‘Sirat’ (Filmes da Ermida) premiadas nos Feroz 2026

O pasado sábado 24 de xaneiro tivo lugar en Pontevedra a gala dos Premios Feroz 2026, organizada pola crítica cinematográfica estatal. Un evento que celebrou o cine máis destacado da tempada e na que tres dos galardóns foron a parar a produtoras asociadas de AGAPI.

‘Ciudad sin sueño’, dirixida por Guillermo Galoe e producida pola nosa asociada Sintagma Films, fíxose co premio á Mellor Película da categoría Arrebato de Ficción. Tanto o director como a produtora galega Marina García, destacaron o longo pero necesario proceso de realización do filme, que adicaron á todos os habitantes da Cañada Real.

Por outra banda a recentemente nominada aos Oscar ‘Sirat’, da nosa produtora Filmes da Ermida, gañou os Premios Feroz a Mellor Música Orixinal e Mellor Tráiler. O director galego Oliver Laxe recolleu os galardóns e aproveitou o momento para salientar o gran traballo dos artistas e artesáns (“mal chamados técnicos”) que conforman os diversos departamentos da creación cinematográfica e sen os que as películas non existirían.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies