O talento galego presente no Festival de Rotterdam coas estreas mundiais de ‘Despois das cidades’ (Rebordelos) e ‘Krakatoa’ (Filmika Galaika)

O talento galego presente no Festival de Rotterdam coas estreas mundiais de ‘Despois das cidades’ (Rebordelos) e ‘Krakatoa’ (Filmika Galaika)

O talento galego presente no Festival de Rotterdam coas estreas mundiais de ‘Despois das cidades’ (Rebordelos) e ‘Krakatoa’ (Filmika Galaika)

Do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro o cinema mundial ten unha cita ineludible: o Festival Internacional de Rotterdam (IFFR). Un evento que desde fai anos aposta polas creacións de carácter máis experimental e que acollerá, nesta edición, a premiere mundial de dúas obras galegas de produtoras asociadas de AGAPI na súa sección Harbour.

Facéndose eco da identidade da cidade portuaria de Rotterdam, Harbour ofrece un refuxio seguro para toda a gama de cine contemporáneo que defende o festival. É nesta sección onde se encadra ‘Despois das cidades’ (‘After the cities’) a última longametraxe do director lucense Xacio Baño, producioda pola nosa asociada Rebordelos. Un percorrido sensorial pola cidade de Santiago de Compostela, que se converte na personaxe principal desta obra de rutas trazadas que funden nunha reflexión contemplativa sobre a memoria.

Na mesma sección atopamos ‘Krakatoa’, o hipnótico filme do director catalán Carlos Casas, producida pola nosa asociada Filmika Galaika. A película narra a historia Kesuma, un novo pescador Bagan que experimenta a maior erupción volcánica de todos os tempos. Varado nunha illa deserta, na procura de comida e auga, achégase ás profundidades da terra. Unha odisea visceral e psicodélica.

O filme contará ademais coa súa versión expandida na sección Art Directions do festival, cunha intallation & live no centro de experiencias inmersivas, Katoenhuis.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies