Portocabo presenta a serie ‘Os Argonautas e a moeda de ouro’

Portocabo presenta a serie ‘Os Argonautas e a moeda de ouro’

O pasado venres, 12 de xaneiro, tivo lugar no auditorio de Abanca en Santiago de Compostela a presentación da nova serie de Portocabo ‘Os Argonautas e a moeda de ouro’. É unha serie destinada a nenos e nenas de 8 a 12 anos.

A coprodución entre Portocabo e RTVE conta co apoio da Televisión de Galicia e do Hub Audiovisual da Xunta, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), así como coa colaboración dos concellos de Laxe e da Coruña.

Asistiron á première da serie o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; o seu produtor executivo, Alfonso Blanco; a directora, Lucía Estévez, e o director de contidos de CRTVG, Fernando Ojea. Estiveron acompañados por unha ampla representación do elenco, do que forman parte, entre outros, Eva Fernández, Xosé Antonio Touriñán, Víctor Mosqueira, Denis Gómez, César Cambeiro, Federico Pérez e os mozos Aliyah Fidalgo, Sarela Montes, Brais Sixto, Claudia Pujaldes, Juan Rodríguez, Lúa Varela e Xoel Río. 

Escolares de primaria e secundaria tamén gozaron do primeiro episodio da serie. Coñeceron os cinco amigos protagonistas, Alba, Lucas, Sali, Olivia e Nil, que viven un emocionante verán nunha vila mariñeira (Laxe, A Coruña), enfrontándose a perigos e descubrindo o valor da amizade. A produción inspírase en grandes clásicos literarios e cinematográficos coma “The Breakfast Club” ou “The Goonies”, adaptándoos aos cativos do século XXI. 

Dirixida por Toño López e Lucía Estévez, “Os Argonautas e a Moeda de Ouro” é unha ficción integradora, con nenos de realidades diversas. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies