O día 15 de xaneiro arrincou a rodaxe do novo filme de Margarita Ledo, ‘Prefiro condenarme’. Trátase dunha produción de Nós, produtora cinematográfica galega.
Melania Cruz, xunto con Iria Piñeiro e Mónica Camaño, integran o plantel de actrices deste filme de non ficción no que se conta a historia de amor real dunha mariscadora no franquismo
A experiencia de Sagrario preséntase a través de lugares —reais e simbólicos— onde determinados acontecementos sucederon, de arquivos persoais e oficiais, e do intercambio entre o corpo da protagonista e os das tres actrices.