A segunda temporada de “Los Enviados”, producida por Portocabo, terá a súa estrea o 26 de xaneiro en SkyShowtime

A segunda temporada de “Los Enviados”, producida por Portocabo, terá a súa estrea o 26 de xaneiro en SkyShowtime

SkyShowtime anunciou que a segunda temporada de “Los Enviados” ten prevista a súa estrea en exclusiva o venres 26 de xaneiro con catro episodios. Posteriormente, o venres 15 de marzo, estrearanse os restantes catro episodios que completan a segunda temporada. O SkyShowtime Original regresa así á plataforma, na que xa está dispoñible ao completo a primeira temporada.

“Los Enviados” está protagonizada por Miguel Ángel SilvestreLuis Gerardo Méndez, xunto con Assira Abbate. O gañador dun Oscar, Juan José Campanella, é showrunner, produtor e director. O elenco tamén inclúe a Marta EturaCristina MarcosCharo ZapardielLuis IglesiaRicardo de BarreiroSusi SánchezPepón NietoCarlos OlallaIsabel NaveiraMiquel InsúaGuillermo Carbajo Francis Lorenzo, entre outros.

“Los Enviados” está producida por Paramount Television International Studios en asociación con 100 Bares e Portocabo e está dirixida por Campanella, xunto con Martino Zaidelis, Camilo Antolini e Inma Torrente. Escrita por Eduardo Sacheri, Emanuel Diez, Juan Pablo Domenech e Campanella, a segunda temporada ten a Muriel Cabeza, de 100 Bares, e Alfonso Blanco, de Portocabo, como produtores executivos.

A primeira temporada de “Los Enviados” ganou o Ouro a Mellor Drama e a Prata a Mellor Guión nos Premios New York Festivals TV & Film Awards, un dos premios internacionais máis prestixiosos da industria. E esta segunda temporada gravouse nos concello galegos da Guarda, Nigrán, Forcarei, Tui, Oia, Pontevedra e Santiago de Compostela.

Na segunda temporada de “Los Enviados”, os sacerdotes Pedro Salinas (Luis Gerardo Méndez) e Simón Antequera (Miguel Ángel Silvestre) desprázanse ata Porto da Lúa, unha pequena vila pesqueiro de Galicia, para determinar a veracidade dun novo milagre. No convento da vila, na que viven tres monxas cegas, unha delas, a irmá Corina, tivo unha visión reveladora: Xiana, unha nena desaparecida pouco despois do seu nacemento, hai 18 anos, vive e goza de boa saúde nunha vila de Canadá. Trala intervención dos gobernos de España e Canadá, corrobórase que a nena se encontra alí e case dúas décadas despois do seu secuestro, a moza regresa a coñecer aos seus pais e as súas verdadeiras orixes.

Os pais Salinas e Antequera terán que determinar se a visión da monxa obedece, como sosteñen os involucrados, a unha intervención divina, e para elo contarán coa colaboración da irmá Emilia, agora totalmente integrada no seu equipo. Con todo, ao pouco de chegar á vila prodúcese un sanguinario crime e os Enviados veranse envoltos nunha dobre investigación: unha de carácter místico-relixiosa e outra mucho máis terreal.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies