Paula Cons (Agallas Films): “O audiovisual sae de todas”

Paula Cons (Agallas Films): “O audiovisual sae de todas”

“A illa das mentiras” dirixida por Paula Cons de Agallas Films estreouse esta pasada fin de semana na plataforma Filmin, despois dunha longa travesía no deserto” como afirma a directora. Ademais, a película acaba de ser seleccionada no Festival Internacional de Cine de Shanghái, o primeiro festival que volve abrir as súas portas tras o golpe máis duro da pandemia. Esta selección pillounos totalmente por sorpresa e aínda que non poden asistir físicamente ao festival, afirman que non poden estar máis contentos. A película tiña que terse estreado nas salas o 29 de maio, pero o Covid-19 puxo todo en pausa, e como dí o refrán no hai mal que por ben non veña, e esta cancelación da estrea abriulles a porta a poder ser seleccionados en Shanghái, xa que ao ser un festival de clase A esixe unha premier mundial en exclusiva. Paula Cons afirma “agora mesmo non somos capaces de medir as consecuencias para a película do que supón esta selección, o que si estamos seguros é de que afectará moito ás vendas da película no mercado chino”.

“A illa das mentiras” é unha coprodución entre España e Arxentina, que conta con Nerea Barro, Darío Grandinetti e Aitor Luna como protagonistas. A película narra os misterios que rodean á historia das tres mulleres que rescataron a 48 pasaxeiros do buque Santa Isabel, que naufragou fronte á costa da illa de Sálvora o 2 de xaneiro de 1921. 

A produtora Agallas Films atópase inmersa na montaxe do documental “A Cero.5” dirixido por Gonzalo Suárez. O documental segue a vida dun director de cinema, desde as primeiras gravacións co seu pai ata que tras un grave accidente de coche queda paralítico e empeza a gravar todo o proceso desta nova vida que lle leva a xogar ao baloncesto profesional, “é un proxecto moi ambicioso e cunha cantidade de verdade brutal” afirma Paula. “A Cero.5” conta co apoio de TVE e esperan que o documental teña unha boa acollida o ano que vén ao coincidir coa celebración dos Xogos Paralímpicos de Tokio de 2021, onde o baloncesto é o deporte estrela. 

Ademais, contan con outros dous proxectos entre mans, “Maria Casares, a muller que viviu mil vidas” un documental dirixido por Xavier Villaverde. O filme está baseado no bestseller canadense “My Camiño” de Sue Kenney e é unha coprodución con Canadá e Cataluña.

O segundo proxecto que están a desenvolver ten un deses títulos que só con lelo xa queres saber máis, “Dúas vellas, sete gatos e sete máquinas de coser”. O documental toma como obxecto as bragas das mulleres transexuais para tecer toda a historia e achegarse así ao mundo que rodea ás mulleres trans en Brasil.  

Cando lle preguntamos a Paula sobre as consecuencias da pandemia afirma “o golpe do Covid-19 foi duro para todos, ademais o do teletraballo con nenos foi moi complicado, é moi difícil poder combinar traballo e maternidade nun mesmo espazo”. Con todo, Paula Cons non vé un futuro negro para o audiovisual, “o audiovisual sae de todas, non hai sector con máis cintura e flexibilidade ca este.  Ademais, hai que lembrar que o audiovisual foi fundamental para manter a saúde mental dos españois durante o confinamento. O traballo será o dobre de difícil, pero sacarase adiante coma sempre”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies