O pasado xoves 23 de xullo concluíu de rodaxe de ‘Qué hicimos mal?’, a película de Liliana Torres (‘ Family Tour’) producida por Matriuska, Avalon P. C. e Miss Wasabi; co apoio de TVE, a Xunta de Galicia e TVG.
Rodada entre Galicia, Barcelona, Italia e México, o pasado mes de marzo a rodaxe tívose interromper temporalmente pola COVID-19. Finalmente, terminouse de rodar en Barcelona seguindo todas as medidas de seguridade.
A película está protagonizada pola propia directora e guionista Liliana Torres, xunto a Xulio Abonjo, Héctor Carballo, Melania Cruz e Jorge Roldán (Diana). A súa estrea comercial está prevista para 2021.
‘Qué hicimos mal?’ é a historia dunha ficción construída sobre unha realidade que supón unha reflexión sobre os erros de guion da vida, cun tema central: a relación de parella e a crise da mesma. “Lili tivo unha relación estable durante algúns anos. Aínda que todo parece funcionar entre a súa parella e ela, hai unha infelicidade subxacente na súa vida cotiá que a afasta de ser feliz. Liliana revisará o seu pasado para preguntarse: que fixemos mal?”.