Ollovivo levará adiante a adaptación á televisión da obra ‘Crónicas do paraíso’, de Sarabela Teatro

Ollovivo levará adiante a adaptación á televisión da obra ‘Crónicas do paraíso’, de Sarabela Teatro

A adaptación a televisión da obra de teatro Crónicas do paraíso, de Sarabela Teatro en colaboración coa produtora Ollovivo, é o proxecto seleccionado pola CRTVG no marco das súas medidas extraordinarias de apoio ao sector audiovisual e creativo galego, neste caso para compañías e produtoras teatrais.

Sarabela Teatro é unha das compañías teatrais máis veteranas de Galicia, e Crónicas do paraíso é unha versión libre da obra As crónicas do sochantre, do escritor Álvaro Cunqueiro. Baixo a dirección de Luis Avilés, a obra está interpretada por Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Fina Calleja e Sabela Gago e será emitida pola Televisión de Galicia. Crónicas do paraíso brindará, ademais, a oportunidade de achegar ao gran público o universo máxico de Cunqueiro nunha faixa horaria de gran consumo televisivo.

O prazo para a recepción de propostas pechouse en maio, co rexistro de 20 proxectos de diversas temáticas e xéneros. A comisión de análise e avaliación da CRTVG destacou a súa variedade e orixinalidade, xa que abranguen desde espectáculos tipo perfomance máis innovadores ata adaptacións dos grandes clásicos do teatro ou proxectos con monicreques enfocados ao público infantil e familiar. O enfoque prioritario foi seleccionar unha proposta con temática apta para un público xeneralista que se puidese producir con técnica narrativa televisiva e que contase con profesionais con experiencia nese mesmo medio.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies