O filme “A illa das mentiras”, dirixido por Paula Cons e producido por Agallas Films, seleccionado no Festival de  Shanghái

O filme “A illa das mentiras”, dirixido por Paula Cons e producido por Agallas Films, seleccionado no Festival de Shanghái

A película “A illa das mentiras”, da realizadora galega Paula Cons, foi seleccionada para a competición oficial do Festival Internacional de Cinema de Shanghái, un dos máis importantes de Asia, que arrincará o 25 de xullo tras aprazarse pola pandemia.

A dirección do certame anunciou recentemente as nove longametraxes elixidas para a sección oficial entre as que figuran tamén a arxentina “Cegos”, a italiana ” Feel your memories”, a finlandesa ” Helene” ou a xaponesa ” One summer narrativa”, ademais de dúas películas chinesas.

“A illa das mentiras” é a ópera prima da realizadora Paula Cons (A Coruña, 1976) e está protagonizada por Nerea Barros, Darío Grandinetti, Aitor Luna, Vitoria Teijeiro e Ana Oca. A película está inspirada no afundimento do “Santa Isabel”, un barco que transportaba emigrantes españois a Bos Aires, fronte ás costas da illa de Sálvora, na boca da ría de Arousa, o 2 de xaneiro de 1921. No naufraxio do “Santa Isabel”, coñecido como o “Titanic galego”, morreron 213 das 269 persoas que ían a bordo.

Tres mozas, habitantes da illa -a falta de homes que se atopaban pasando as festas de Nadal en terra firme na península-, acudiron ao rescate e salvaron a 48 persoas.

A película está producida por Agallas FIlms, con un orzamento de 1,5 millóns de euros, conta coa participación ademais de TVG, RTVE e ETB.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies