Documentais feitos aquí para todo o mundo

Documentais feitos aquí para todo o mundo

A produtora Somadrome acaba de entrar como nova socia de Agapi, e se hai algo que teñen claro é a súa liña editorial, así nolo di Ruth Chao, cofundadora desta produtora con base no concello de Oroso (A Coruña): “produción documental para un mercado internacional, estamos abertos a calquera temática, o importante é que sexa algo que poida interesar en calquera recuncho do planeta”.

Chegaron ao documental a través dunha experiencia profesional previa coa que se deron conta de que había un nicho de mercado interesante para o documental, coa condición de que a temática poidese interesar nos mercados internacionais. Fai case catro anos que fundaron Somadrome e ata a data levan producidos dez títulos, en formato serie ou one offs, traballaron con TVE, France 5, ZDF, Mediaset, UKTV, Foxterl, Kultur Russia, Discovery Chanell, etc.

Na actualidade, atópanse inmersos na postproducción de “Alén dá terra” (Of the earth), un documental apoiado por Agadic e coproducido pola TVG e a canle alemá Welt. O proxecto penétrase no mundo da nova revolución industrial que se está xerando no espazo e é que como nos di Ruth “empeza a haber unha intensa actividade industrial e comercial arredor do espazo, fóra da Terra”. O Covid-19 atrasoulles un pouco os plans pero esperan poder terminar a finais de ano. 

O segundo proxecto que teñen entre mans leva por título “Behind Lucy” e foi gañador do pitching de MiPDOC Project Pitchin in Cannes e tamén do pitch na sección de ciencia do Sunny Side of Docs da Rochelle. Este documental é o proxecto máis ambicioso que fixeron ata a data, chegoulles por mor doutro traballo “para facer simplemente o teaser tivemos que tomar certo risco, había que cruzar o charco e investir, pero era algo ao que non podiamos dicir que non”.  “ Behind Lucy” percorre a historia dun equipo de científicos da NASA na súa misión para estudar os asteroides troianos de Xúpiter. Á espera de pechar conversacións para a coprodución con en EEUU e Europa, cren que con este documental haberá un punto de inflexión para a produtora, e esperan ocupar un lugar destacado no panorama internacional da produción documental. 

A pandemia global atrasou a rodaxe dos seus proxectos, pero din sentirse afortunados porque ningún se caeu. Para Somadorme a asistencia aos mercados é fundamental, e aínda que os mercados celebráronse igual de maneira online, Ruth afirma que “probablemente perdemos oportunidades que non podemos valorar”. Na balanza do positivo que trouxo a Covid-19, afirman que as reunións online aforraron moito tempo, diñeiro e pegada de carbono “dáste conta de que é un pouco absurdo coller un tren de Coruña a Madrid para unha reunión dunha hora”. Aínda así, esperan poder recuperar pronto a normalidade para poder volver aos mercados.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies