Manolo López (Tex45): “O confinamento obrigounos a parar e reflexionar”

Manolo López (Tex45): “O confinamento obrigounos a parar e reflexionar”

Cando chega unha pandemia global que o para todo, hai que adaptarse ou morrer. E iso é o
que fixo a produtora e o estudio de Tex45. A pandemia provocou un parón importante en
toda a súa actividade, pero polo menos ningún dos proxectos que tiñan para este ano se
cancelou por completo. Para a gravación dos programas que seguen en activo e para
garantir a seguridade do seu persoal, tomaron todas as medidas necesarias que esixe a
administración, isto supuxo tamén un importante investimento económico, pero como di
Manolo López, director da produtora, “non podemos permitirnos dar marcha atrás, hai que
seguir”.
O Covid-19 tamén ten unha cara b, e é que sempre hai que buscarlle o lado bo ás cousas,
así nolo conta Manolo López, “o confinamento fíxonos parar, reflexionar e pensar, démonos
conta de que había moitas cousas que estabamos a facer mal e este parón deunos a
oportunidade de corrixilas, algo que antes por falta de tempo non poderiamos facer”.
A nivel profesional o impacto foi grande e non ven con moita esperanza o futuro a curto e
medio prazo, “se non sae unha vacina pronto hai moitos formatos que non poderemos
asumir, como os programas con público, ademais a nivel presuposto costa moito máis
diñeiro un proxecto cos protocolos de Covid que sen el, por iso tememos que moitos dos
proxectos non poidan saír adiante”.
Polo momento seguen con dous programas da TVG, “Quen anda aí?” e “Malicia Noticias”,
que retomará a súa nova tempada en setembro. Para o 2021 esperan poder sacar adiante
unha longametraxe e varios programas de televisión. Ademais, nos próximos meses confían
en poder confirmar outros proxectos máis pequenos aínda que, como nos di Manolo, “agora
todo vai moito máis lento, as empresas miran con lupa os orzamentos e tárdase máis
conseguir o ok”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies