Comeza a gravación de ‘Sen fronteiras’, un novo formato de M International Audiovisual e SPI para TVG e RTP

Comeza a gravación de ‘Sen fronteiras’, un novo formato de M International Audiovisual e SPI para TVG e RTP

Este luns deron inicio as gravacións do programa ‘Sen Fronteiras’, un novo formato producido pola galega M International Audiovisual e a portuguesa SPI para a Televisión de Galicia e para a portuguesa RTP. Neste espazo, os televidentes descubrirán diferentes lugares de Galicia e do norte de Portugal que teñen o mesmo topónimo.

O programa será presentado polo galego Javier Varela e a portuguesa Beatriz Gosta, que farán de guías e viaxarán a estas vilas para comprobar se os topónimos galegos e portugueses teñen a mesma orixe. Tamén coñecerán as súas tradicións, a súa cultura, a súa gastronomía, as súas festas e as súas xentes. Ambos os dous descubrirán as vilas en primeira persoa e contaranlles aos seus compatriotas que é o que máis lles sorprende e lles gusta de cada lugar, unha experiencia propia que encherá o programa de naturalidade, frescura e diversión.  

En cada entrega de ‘Sen Fronteiras’ visitaranse dúas vilas co mesmo nome, unha galega e a portuguesa correspondente. Varela percorrerá as vilas portuguesas mentres que Gosta fará o mesmo en Galicia. A través dos presentadores e os veciños de cada vila darase a coñecer como é a vida neses lugares e se hai diferenzas ou non entre eles. 

.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies