O filme ‘Valentina’ nominado aos Premios Platino

O filme ‘Valentina’ nominado aos Premios Platino

O filme de animación ‘Valentina’, dirixido por Chelo Loureiro e producido por Abano Producións, vén de ser nominado aos Premios Platino na categoría de Mellor Filme de Animación.

Os Premios Platino do cinema iberoamericano son uns galardóns creados pola Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores Audiovisuais ( EGEDA) en colaboración coa Federación Iberoamericana de Produtores Cinematográficos e Audiovisuais ( FIPCA), as academias de cinema iberoamericanas, Latin Artist e o apoio dos institutos de cinema, para recoñecer aos profesionais da industria cinematográfica iberoamericana, que comprende nacionalidades europeas, suramericanas, norteamericanas e caribeñas sempre que a versión orixinal do filme sexa en castelán e en portugués.

A Gala de entrega dos Premios Platino terán lugar o día 1 de maio en Madrid.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies