‘O da miña nai’, ópera prima de Nerea Barros producida por Zeitun Films, remata a súa rodaxe en Galicia

‘O da miña nai’, ópera prima de Nerea Barros producida por Zeitun Films, remata a súa rodaxe en Galicia

‘O da miña nai’, ópera prima de Nerea Barros producida por Zeitun Films, remata a súa rodaxe en Galicia

Imaxe de Lorena Do Merlo

A actriz e directora galega Nerea Barros vén de finalizar en Galicia a rodaxe de O da miña nai, a súa primeira longametraxe como directora que conta co apoio da Xunta de Galicia. O proxecto, producido pola nosa asociada de AGAPI Zeitun Films e Cólera Films, preséntase como un poema fílmico autobiográfico que navega nunha linguaxe híbrida entre a ficción e o documental. A película nace dunha experiencia persoal: tras a morte de seu pai, Nerea regresa a Galicia para escoitar o murmullo da súa terra e ollar para a súa nai, Carmen (de 81 anos), como se fose a primeira vez.

Despois de catro semanas de traballo, o equipo completou o itinerario de gravación que arrancou na parroquia compostelá de San Cristovo do Eixo —terra da familia da protagonista—, continuou pola contorna do río Ulla en Pontevea (Teo) e culminou na comarca do Barbanza, con secuencias gravadas na praia de Castiñeiras, no concello de Ribeira.

Ademais de asumir a dirección e o guión, Nerea Barros comparte protagonismo na pantalla coa actriz Carmen Noya. A paisaxe natural, os obxectos da memoria e o espazo sonoro terán un peso fundamental na obra, contando coa participación de destacados artistas galegos como Mercedes Peón e Abraham Cupeiro na súa banda sonora.

Imaxe de Agadic

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies