‘Así chegou a noite’ e ‘Os invitados’, dúas producións de asociadas de AGAPI dentro da sección Made in Spain do 74º Festival de San Sebastián

‘Así chegou a noite’ e ‘Os invitados’, dúas producións de asociadas de AGAPI dentro da sección Made in Spain do 74º Festival de San Sebastián

‘Así chegou a noite’ e ‘Os invitados’, dúas producións de asociadas de AGAPI dentro da sección Made in Spain do 74º Festival de San Sebastián

O Festival de San Sebastián vén de presentar a programación de Made in Spain da súa 74º edición, que será inaugurada con ‘Seize moments de ma vie’, último filme de Albert Serra. A sección adicada ao cine producido en España contará neste con 24 longametraxes, entre as que se atopan dúas producións de empresas asociadas a AGAPI.

Tras a súa estrea mundial no Festival de Cine de Múnich, ‘Os invitados’ dirixida por Cristina Diz e Stefan Butzmühlen e producida por Frida Films, terá a súa estrea en España no Zinemaldi. Protagonizado por Greta Fernández e Jan Bülow, o filme narra a historia dunha parella moza en 1973. Iria é unha traballadora migrante de España; Hajo é un estudante de Alemaña. Cando a nai de Iria enferma terminalmente, deciden deixar Köln e levala de volta a Galicia.

‘Así chegou a noite’, do cineasta galego Ángel Santos, producida por Maruxiña Film Company e Matriuska Produccións, aterriza en San Sebastián tras o seu percorrido por múltiples certames nacionais e internacionais. Protagonizado por Denís Gómez (Pablo) e Violeta Gil (Andrea), o filme narra como un escultor establece o seu taller nunha apartada zona rural da costa galega. Aos poucos irá illándose da súa contorna, cortando todo contacto con amigos e familiares. Cando unha antiga amante acuda ao seu encontro provocará a reflexión do escultor sobre o seu desexo de illamento e a necesidade dunha nova fuxida.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies