A MAC Marín reúne cinco producións de asociadas de AGAPI dentro da programación da súa 5ª edición

A MAC Marín reúne cinco producións de asociadas de AGAPI dentro da programación da súa 5ª edición

A MAC Marín reúne cinco producións de asociadas de AGAPI dentro da programación da súa 5ª edición

A Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín celebra a súa 5º edición do 18 ao 22 de agosto, cunha una variada grella que inclúe cine, series, ficción sonora, encontros profesionais, formación, divulgación e actividades para todos los públicos.

Dentro da programación atópanse cinco producións de asociadas de AGAPI. As longametraxes: ‘As liñas descontinuas’ de Anxos Fazáns, producida por Sétima; ‘Fomos ficando sós’, ópera prima de Adrián Canoura, producida por Zeitun Films; e ‘Así chegou a noite’, de Ángel Santos, producida por Maruxiña Film Company e Matriuska Producións. E as cutrametraxes: ‘O corpo de Cristo’ de Bea Lema, producida por Abano Producións; e ‘As maos da pulpeira’ de Silvia Cachafeiro, producida por Matriuska Producións.

Nesta edición, un dos puntos fortes será a área profesional de mercado e produción, plantexada como un foro de encontro entre cineastas, productoras, distribuidoras, institucións e espazos de rodaxe.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies