A rodaxe do documental ‘Despois da eclipse’, producido por Meteórica Cine e Abano Producións, conecta a NASA e Galicia a través da enxeñeira Begoña Vila

Avanza a rodaxe do documental Despois da eclipse (Rumbo ás Estrelas), un proxecto de divulgación científica dirixido por Alba Prol que transcorre entre distintas instalacións da NASA nos Estados Unidos (Goddard, Space Telescope Science Institute e Kennedy) e varias localizacións de Galicia, coincidindo co eclipse total de Sol visible na comunidade.
A película céntrase na figura da prestixiosa enxeñeira viguesa Begoña Vila, quen tras o seu papel clave no telescopio espacial James Webb, afronta os días decisivos da misión do novo telescopio Nancy Grace Roman, cuxo lanzamento está previsto para finais deste mes de agosto. O documental combina o rigor e a vocación científica cos retos do talento feminino e a dimensión persoal do retorno da protagonista á súa terra para reencontrarse cos seus familiares e amigos.
Coproducido polas asociadas de AGAPI, Meteórica Cine e Abano Producións , o proxecto foi presentado o pasado 11 de agosto en Santiago de Compostela. O documental conta cun equipo liderado por mulleres —coa dirección de fotografía de Lucía C. Pan e a música de Uxía Caneda— e suma o apoio da Xunta de Galicia e ICAA, xunto á participación de Televisión de Galicia (TVG) e Odisea (AMC Global Media).