A mostra de cinema Vendaval fala de memoria e territorio na Ribeira Sacra a través de filmes como ‘Anoche conquisté Tebas’ e ‘As Estações’ (Filmika Galaika) ou ‘San Simón’ (Miramemira)

A mostra de cinema Vendaval fala de memoria e territorio na Ribeira Sacra a través de filmes como ‘Anoche conquisté Tebas’ e ‘As Estações’ (Filmika Galaika) ou ‘San Simón’ (Miramemira)

A mostra de cinema Vendaval fala de memoria e territorio na Ribeira Sacra a través dos filmes ‘Anoche conquisté Tebas’ e ‘As Estações’ (Filmika Galaika) ou ‘San Simón’ (Miramemira)

Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, celebra a súa terceira edición do 25 ao 30 de agosto con seis días de programación en diferentes espazos da comarca. Proxeccións, encontros con cineastas, coloquios, formación, concertos e sesións DJ conforman unha proposta que mantén a vontade da mostra de levar o cinema a novos espazos, favorecer o encontro e achegar a cultura ao territorio. Todas as actividades son de balde. O tema desta terceira edición, Historia e territorio, propón unha reflexión sobre as múltiples capas de historia que atravesan os lugares que habitamos. A través de filmes moi diversos, o programa achégase a territorios nos que o pasado dialoga co presente, xa sexa como memoria, como conflito ou como pegada aínda activa.

Dous destos filmes, onde o territorio como arquivo está realmente presente, son ‘Anoche conquisté Tebas’ e ‘As Estações’, da produtora asociada de AGAPI, Filmika Galaika. A película de Grabiel Azorín chegará á Abadía da Cova o xoves 27 de agosto, nunha sesión que contará coa presentación de Teresa Castro, de Calcutá, e unha conversa sobre a súa banda sonora, ademais dun concerto previo de Calcutá arredor da música do filme. O filme de Fazendeiro poderá verse o sábado 29 de agosto no ACM de Bóveda, coa presenza de Melánia Freire

A memoria histórica e o colonialismo é o tema central do filme ‘San Simón’ de Miguel Ángel Delgado, producida pola asociada de AGAPI Miramemira. Que se proxectará o domingo 30 de agosto na Casa da Memoria, de Bóveda, coa presenza do propio realizador. Delgado participará ademais o venres 28 nunha conversa con Xurxo Ayán e, posteriormente, nun encontro sobre memoria histórica xunto a Margarida Cardoso e Sérgio Coragem.

Programación completa

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies