Chega a 19ª edición do FICBUEU con varios títulos de asociadas de AGAPI dentro da súa programación

Chega a 19ª edición do FICBUEU con varios títulos de asociadas de AGAPI dentro da súa programación

Chega a 19ª edición do FICBUEU con varios títulos de asociadas de AGAPI dentro da súa programación

 O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) presentará a súa 19ª con filmes de máis case unha trintena de países nunha programación que se abrirá na xornada de inauguración o venres 4 de setembro.

‘Escala un cincuenta mil’

Sección Oficial reunirá 28 curtametraxes distribuídas en seis programas, que se proxectarán entre o luns 7 e o sábado 12 de setembro. A selección atravesa temas e formas moi diversas: os conflitos familiares e os coidados, a guerra e o desprazamento, a identidade, a memoria, a vellez, a precariedade, as expectativas económicas ou a procura dun lugar propio. Faino ademais desde ficcións, documentais e propostas de animación que amosan a diversidade formal e narrativa do formato curto contemporáneo. Nesta selección atópanse as obras galegas: 

  • Escala un cincuenta mil (Ángel Suanzes) producida pola asociada de AGAPI Rebordelos e ambientada en xullo de 1974 e centrada nunha muller cuxa transformación persoal transcorre en paralelo aos cambios políticos que se achegan en España.
  • El cuerpo de Cristo (Bea Lema) un relato bordado en animación que se aproxima ao sufrimento psíquico desde «o brando e o belo» producido pola asociada de AGAPI Abano Producións.
‘O corpo de cristo’

Por outra banda, a competición GZ_00 reafírmase un ano máis como unha das grandes fiestras para descubrir o cinema galego contemporáneo. Cinco propostas que comparten unha mirada profundamente persoal sobre o mundo: a memoria íntima dun reencontro inesperado, a exploración do territorio e da lembranza, a reapropiación dunha lenda urbana viguesa desde a cultura pop, unha viaxe sensorial a través dos sons da cidade ou a delicadeza dos encontros marcados polo tempo e pola paisaxe. Forma parte desta competición Furada Negra, de Berio Molina, producida pola asociada de AGAPI Sétima. Un percorrido táctil e sonoro pola memoria rochosa universal.

‘Furada Negra’

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies