‘A veces me entra tristeza, otras veces rebelión’ (Mordisco Films e Brava), do Festival de Venecia ao de San Sebastián

A longametraxe A veces me entra tristeza, otras veces rebelión, dirixida pola cineasta arxentina María Aparicio, celebrará a súa estrea mundial na prestixiosa sección Giornate degli Autori do Festival de Venecia e, posteriormente, formará parte da sección Zabaltegi-Tabakalera do Festival de San Sebastián.

Esta importante coprodución arxentino-española conta coa participación clave das produtoras galegas asociadas de AGAPI, Mordisco Films e Brava. Ademais, as vendas internacionais están a cargo de Paper Moon, axencia que tamén conta con participación e orixe galega.

Protagonizado por Eva Bianco e Roger Koza, e realizada en colaboración co Museo Reina Sofía, o filme é unha profunda exploración sobre a soidade, a precariedade e as condicións de vida contemporáneas. Rodada en Madrid, a obra segue a consolidar a ollada única da súa directora ao desdebuxar maxistralmente as fronteiras entre o cine documental e a ficción.