Dúas estreas galegas entre os seis títulos de produtoras asociadas de AGAPI presentes no 31º OUFF Festival de Cine de Ourense

O Festival de Cine de Ourense (OUFF) acollerá na súa 31ª edición a proxección de seis obras cinematográficas producidas por asociadas de AGAPI. As propostas, que abranguen diferentes formatos e abordaxes creativas, terán o seu espazo nas seccións Panorama Galicia, Made in OU e Colleita do certame, que se celebrará entre o 25 de setembro e o 4 de outubro.

Na Sección Oficial Panorama Galicia, deseñada para amosar o panorama cinematográfico máis relevante do país, o público poderá gozar de dúas estreas en Galicia: A ópera prima de María Yáñez, Kiro, producida por Miramemira. Un celebración da vida da cantante e súa especial relación co público. Unha película sobre o poder emocional da “canción lixeira” nunha cultura minorizada e marcada por la emigración. Así como do filme estreado en Venecia A veces me entra tristeza, otras veces rebelión, dirixida por María Aparicio que conta coa produción de Mordisco Films e Brava. Un percorrido íntimo e reflexivo que redescubre a cidade de Madrid co Museo Reina Sofía como protagonista.

Pola súa banda, a sección Made in OU, centrada nas creacións con vinculacion directa coa provincia e o talento local, exhibirá a longametraxe Todo pode esperar, dirixida por Borja Casal e producida pola asociada de AGAPI H501 Studio. Unha viaxe pola vida de César, profesor xubilado que 50 anos atrás intentou adicarse á música. A sección complétase coa curtametraxe de época As maos da pulpeira (Silvia Cachafeiro) producida por Matriuska Producións. Unha obra na que se reivindica o poder das mulleres nun mundo de homes.

Finalmente, a sección Colleita acollerá a proxección en Ourense da longametraxe ‘Anoche conquisté Tebas’ (Gabriel Azorín) producida pola asociada de AGAPI Filmika Galaika. Unha historia co misticismo e as termas romanas da cidade como protagonistas. Así como do filme ‘Así chegou a noite’ (Ángel Santos) coproducida por Amaterus Films e as asociadas Maruxiña Film Company e Matriuska Producións. Un filme sobre o illamento e como nos relacionamos co el.