As producións de asociadas de AGAPI ‘As augas’, ‘Adios, ríos’ e ‘Todo é cárcere’ formarán parte da programación da  71ª Seminci de Valladolid

As producións de asociadas de AGAPI ‘As augas’, ‘Adios, ríos’ e ‘Todo é cárcere’ formarán parte da programación da 71ª Seminci de Valladolid

As producións de asociadas de AGAPI ‘As augas’, ‘Adios, ríos’ e ‘Todo é cárcere formarán parte da programación da 71ª Seminci de Valladolid

A Semana Internacional de Cine de Valladolid vén de anunciar as producións españolas que formarán parte da programación da súa 71ª edición. A diversidade de formas e linguaxes cinematográficas convive nunha selección que reflexa a vitalidade e variedade do cine de autor estatal e que atopa na memoria —personal, familiar, histórica ou vinculada aos lugares— un dos seus principais fios condutores. Unha selección entre a que se atopan tres longametraxes de produtoras asociadas de AGAPI.

Fotograma de ‘As augas’

‘As augas’, ópera prima de Ledicia Sola producida por Maruxiña Film Company e Matriuska Producións terá a súa estrea mundial no certame, dentro da sección Punto de Encuentro. O filme narra como a vida de Nora dá un xiro inesperado aos seus 43 anos. Tras romper coa súa parella, volve ao manantial da súa infancia coa esperanza de que as súas aguas lle axuden a curar todos os seus males. As súas amigas Antía e Marta non están dispostas a deixala soa e xuntas tomarán unha decisión que o cambiará todo: reinventar a súa idea de familia e construir novo comezo basado na amizade.

Fotograma de ‘Adios, ríos’

A sección Alquimias acolle a estrea mundial de ‘Adios, ríos’, ópera prima de Sebastián Uría producida por Tamboura Films. A obra segue aos últimos habitantes dunha vila da montaña que resisten a unha época que transforma as formas de vida na rexión. Eladio, o garda forestal, presencia o destino dunha comunidade onde os humanos desaparecen e os animais permanecen. Mentras unha osa deambula polo val, se tecen fios invisibles que traman historias de coidado, perda e resistencia.

Fotograma de ‘Todo é cárcere’

Finalmente, a recoñecida nova obra de Eloy Enciso ‘Todo é cárcere’ producida por Filmika Galaika, terá a súa estrea en España na sección Tiempo de Historia. A película céntrase nas cartas de Carmen e Ángel, dous amantes que intentan reencontrarse durante os últimos días da guerra civil española. Estas son investigadas na actualidade por Elsa, unha fotógrafa que recorre o país rexistrando espazos para un proxecto relacionado coa represión franquista. A noticia do falecemento de un familiar a obriga a interrumpir o seu traballo, retomar o contacto coa súa familia e asumir unha herencia pendente.