O alumnado de primaria da provincia da Coruña descubre os segredos do cinema a través das xornadas educativas ‘Detrás da pantalla. Como se fai o que vemos?’

O alumnado de primaria da provincia da Coruña descubre os segredos do cinema a través das xornadas educativas ‘Detrás da pantalla. Como se fai o que vemos?’

O alumnado de primaria da provincia da Coruña descubre os segredos do cinema a través das xornadas educativas ‘Detrás da pantalla. Como se fai o que vemos?’

As xornadas educativas “Detrás da pantalla. Comos se fai o que vemos?”, organizadas pola Asociación Galega de Produtoras Independentes co apoio da Deputación da Coruña, percorreu nas últimas semanas os colexios da provincia. Co obxectivo de achegar de primeira man as experiencias e coñecemento dos profesionais do sector audiovisual galego  co fin de potenciar o papel da produción independente en galego en contacto directo coa mocidade. Unha experiencia de aprendizaxe magnífica na que o alumnado puido entrar en contacto directo co mundo do cine.

As xornadas comezaron o 8 de abril no CEIP Felipe de Castro, en Noia, coa nosa produtora asociada Iria Iglesias, de Aqueladas.

A seguinte sesión celebrouse o 10 de abril no CEIP A Maía, en Ames, con Alba Prol da nosa produtora asociada Meteórica Cine.

O mesmo día, o produtor Simone Saibene da nosa asociada Noveolas Producciones, asistiu ao CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei, en Sabugueira.

O día 24 de abril o centro no que se celebrou esta xornada educativa foi o CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra, na cidade da Coruña. O produtor asistente foi Andrés Sanjurjo, da nosa asociada Acariño Films.

A nosa produtora asociada Laura Pazienza, de H501 Studio, foi a responsable de desenvolver esta actividade no CEIP de Arteixo o 28 de abril.

Finalmente, ‘Detrás da pantalla. Como se fai o que vemos?’ rematou no CEIP Lamas de Abade en Santiago de Compostela, da man de Gael Herrera, da nosa produtora asociada Tamboura Films.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies