As ‘Xornadas de difusión do audiovisual en galego’ da Xunta en colaboración con AGAPI reuniron a preto de 300 estudantes de universidades e FP

Do 16 de abril ao 6 de xuño tiveron lugar en diferentes puntos de Galicia, as ‘Xornadas de difusión do audiovisual en galego’ da Xunta en colaboración con AGAPI. As xornadas reuniron a preto de 300 estudantes das tres facultades galegas que imparten estudos de Comunicación e de catro centros de formación profesional en Imaxe e Son. E contaron con 14 profesionais da produción de audiovisual galego que brindaron a súa sabedoría e experiencia.
Iniciamos as xornadas o 16 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, coas nosas produtoras asociadas Adriana P. Villanuena, de Illa Bufarda e Silvia Fuentes, de Sétima.

Continuamos o 21 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da UVigo no Campus de Pontevedra, da man das nosas produtoras asociadas Elena G. Román, de Matriuska Producciones e Marina García de Sintagma Films.

O 24 de abril as xornadas desenvolvéronse no CIFP A Farixa en Ourense. Ao que asistiron as nosas produtoras asociadas Gael Herrera, de Tamboura Films e Rubén Coca de Artyc Content.

O 27 de abril foi a quenda da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC, cos nosos produtores asociados Felipe Lage, de Zeitun Films e Álvaro Liste de Serea Films.

Os nosos produtores asociados Brandán Cerviño de Filmes de Pedra e Alberto Díaz de Mordisco Films, asistiron o 28 de abril á Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC en Lugo.

O 30 de abril estivemos na Escola de Imaxe e Son da Coruña cos nosos produtores asociados Alberto Domínguez, de Tréboa Media e Andrés Sanjurjo de Acaraiño Films.

As xornadas finalizaron o 6 de maio na Escola de Imaxe e Son de Vigo, coas nosas produtoras asociadas Irene Pin de Aqueladas e Coral Piñeiro de Sombriza Films.
